O verán chegará (por fin) á Estrada

O verán chegará (por fin) á Estrada

Nunca chove a gusto de todos. Iso é certo, pero tamén chega un punto no que tantos días de chuvia cansa (incluso para os galegos, que temos fama de que sempre nos chove).

Pero iso muda a partir deste martes, cando regresará o sol e temperaturas máis propias da época do ano. De feito, pasaráse dos 25 graos de máxima este martes aos 29 o venres, segundo a AEMET.

Pero as previsións indican pequenos cambios na fin de semana, xa que os ceos estarán cubertos e os mercurios chegarán aos 25 graos.


O Xornal da Estrada ofrecerá a previsión diaria a través das súas historias de Facebook e Instagram e da súa canle de Telegram. Pode acceder a eles a través da páxina Redes e contacto.

Comentarios

Deixar un comentario