Callobre celebrará esta fin de semana a súa festa na honra de Santa Margarida e da Nosa Señora do Carme.
Os actos comezarán o sábado ás 13.00h coa misa solemne cantada pola Coral Polifónica Estradense. A sesión vermú correrá a cargo da Banda Cultural da Estrada e, a verbena, dos grupos Extra e Origen e do DJ M Kintana.
O domingo a misa oficiaráse ás 13.00h e, despois, a Banda de Gaitas de Barbude porá a música á sesión vermú. Pola noite será a gran verbena, na que este ano actuarán as orquestras Galilea e París de Noia.

Deixar un comentario