100 anos dun ascenso ao Pico Sacro histórico

100 anos dun ascenso ao Pico Sacro histórico

1924. Castelao ascende ao Pico Sacro cun grupo de amigos nun momento no que estaban prohibidos os actos culturais e políticos nacionalistas. Xa no seu exilio en Bos Aires escribiu Alba de Gloria, un dos textos máis importantes da literatura galega.

Un ano máis, e coincidindo co centenario de dita ascensión, as asociacións O Galo (Santiago de Compostela), Vagalumes (A Estrada) e Lucenza-Ateneo (Nigrán) xunto con membros da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura volverán a subir ao cumio do monte a partir das 12.00h deste sábado.

Os actos comezarán coa benvida aos asistentes e coa intervención do Secretario da Real Academia Galega de Belas Artes, Felipe Senén, e continuará coa subida ao Pico Sacro, onde se lerá o Alba de Gloria. Tras isto, xantaráse e faráse un roteiro polo concello de Teo.


Comentarios

Deixar un comentario