Aberto o prazo para inscribirse na I Carreira Seminocturna Rural

Aberto o prazo para inscribirse na I Carreira Seminocturna Rural

Ancorados será escenario dunha carreira o venres 2 de agosto. Biofruit Galicia, no marco do seu festival Berry & Cider Fest, organiza a I Carreira Seminocturna Rural, que terá como punto de saída e chegada a finca da empresa en Ancorados.

A proba, que terá modo competitivo e modo lúdico, terá unha lonxitude de 5 quilómetros dos que o 60% serán a través de pistas forestais. Haberá premios para os dous primeiros clasificados e para o clasificado máis novo e para o máis lonxevo.

O prazo de inscrición xa está aberto e pechará o mércores 31 de xullo. A inscrición faise enviando un WhatsApp ao 657 18 55 57 indicando o nome, os apelidos, o DNI e en que modo se competirá.

Comentarios

Deixar un comentario