O Ministerio de Sanidade ten activo o aviso laranxa para o Interior de Pontevedra polos riscos para a saúde asociados ás altas temperaturas dos vindeiros días.
Ata o vindeiro venres as máximas superarán ou rozarán os 30 graos, segundo a AEMET, chegando aos 34 o martes.
Recomendacións ante episodios de calor
Ante casos de calor alta recoméndase manter a vivenda o máis fresca posible. Segundo o Ministerio de Sanidade as temperaturas ideais no interior son, como máximo, de 32 graos durante o día e 24 durante a noite. Para iso, ventile mentras a temperatura exterior sexa inferior á interior e peche ventás e persianas cando sexa ao contrario. Ademais, manteña apagadas as luces artificiais e os aparellos eléctricos que non sexan necesarios.
Beba aínda que non teña sede, evitando bebidas con alcol, cafeína e azucre. Non estea no exterior nas horas de máis calor e empregue roupa lixeira e protector solar. Se vai realizar exercicio físico empregue as primeiras horas da mañá.
En caso de estar con bebés, rapaces e maiores de 65 anos e enfermos crónicos ou encamados preste atención a como se atopan.


Deixar un comentario