O venres e o sábado poderáse doar sangue na Estrada

O venres e o sábado poderáse doar sangue na Estrada

Un dos autobuses da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) estará o venres en horario de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 21.00h e o sábado de 10.00h a 15.00h na Praza do Concello para que poidan doar sangue todos os interesados.

Poden doar os maiores de 18 anos que pesen máis de 50 quilos e, para facelo, é necesario almorzar e, se se fai despois de xantar, esperar dúas horas. Ademais, hai que levar a tarxeta sanitaria ou o DNI.

Comentarios

Deixar un comentario