San Miguel de Castro celebrará este xoves a segunda edición da Festa do Bolo Preñado. Ás 10.00h comezará unha ruta de sendeirismo desde O Seixo ata O Castro e, ás 13.30h, a sesión vermú amenizada polos Pereiriños de Curantes no Coto do Castro.
Ás 14.30h comezará o xantar popular, para o que se esgotaron os convites aos poucos días de poñelos á venda. Ás 18.00h haberá unha verbena a cargo do Carunchos e da Requinta da Laxeira. Haberá servizo gratuíto de taxi desde o aparcadoiro ata o Alto do Coto.


Deixar un comentario