A Estrada, igual que o resto de España, está sendo vítima da calor abafante. O luns os mercurios chegaban aos 32,8 graos e, este martes, aos 35,5. Segundo a AEMET, este mércores a calor remitirá un pouco, cunha máxima prevista de 32 graos.
As máximas continuarán en descenso ata o sábado, cando a temperatura máis alta será de 23 graos, pero o domingo volverá a subir aos 33. A Estrada atópase en aviso vermello polos riscos asociados ás altas temperaturas.


Deixar un comentario