Este sábado comeza o Amparo de Berres

Este sábado comeza o Amparo de Berres

Desde o sábado ata o luns Berres celebrará a Romaría do Amaparo e de Santa Lucía.

O sábado haberá unha verbena a cargo de Airiños da Freba, da Disco Móvil Fabrik e da orquesta Galilea.

O domingo ás 13.00h oficiaráse a misa solemne na honra da Virxe do Amparo. As bandas de Santa Cruz de Rivadulla e Municipal de Silleda percorrerán as rúas da parroquia e amenizarán a sesión vermú e a verbena.

O luns o pasarrúas e a sesión vermú posterior á misa solemne que se oficiará ás 13.00h estará a cargo da Banda Municipal da Estrada e, pola noite, a verbena estará amenizada polas orquestas Gran Parada e La Fórmula.

Comentarios

Deixar un comentario