López Bueno pide que se arranxen a CP-2017 e a PO-213

López Bueno pide que se arranxen a CP-2017 e a PO-213

O PSOE solicitoulle á Deputación de Pontevedra que arranxa a CP-2017 ao seu paso por San Miguel de Castro, un vial no que, pese a ser reasfaltado a mediados de abril, o firme “apenas aguantou unhas semanas”. Este feito, tal e como recolleu O Xornal da Estrada, provocou as queixas de condutores e paseantes. Luis López Bueno, voceiro do partido na Estrada, asegurou que “o estado do asfalto é un risco para todos”.

Ademais, manifestouse sobre a PO-213, que seis meses despois de que os principais grupos políticos se reuniran coa cidadanía, segue sen ter as melloras reclamadas. Engadiu que os veciños reclaman “con toda razón” que os desbroces deixen libre de maleza as marxes do vial na época estival.

“É unha das carreteras máis sinuosas e perigosas que ten a Xunta, polo menos debería haber unhas boas condicións de visibilidade” (sic)

Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada
Imaxes: Estado do asfalto da CP-2017 // PSOE da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario