Na Estrada, segundo os datos do INE de 2022, viven algo máis de 450 venezolanos. E para eles este domingo é un día clave, pois moitos marcharon do seu país natal buscando mellores oportunidades.
Este domingo Venezuela celebra eleccións presidenciais. Uns comicios que poderían poñer punto e final ao réxime de Nicolás Maduro, dado que a oposición presentouse unida baixo a candidatura de Edmundo González Urrutia. Aínda que para os menos postos na actualidade electoral venezolana quizais lles sone máis o nome de María Corina Machado, pois é a verdadeira candidata opositora pero Nicolás Maduro prohibiulle presentarse.
Este domingo pode que se comece a cumprir o soño dos venezolanos que viven na Estrada e dos seus familiares aínda residentes no país: que volva a democracia. Os analistas non cren que sexa un camiño fácil, pois existe a posibilidade de que desde dentro do réxime se intenten aferrar ao poder manipulando os resultados electorais – cando as enquisas prognostican que Edmundo González gañará por unha marxe mínima de 20 puntos porcentuais – ou de que se produza a “guerra civil” e o “baño de sangue” co que ameazou Maduro.
Imaxe de portada: collage con Nicolás Maduro (esquerda) e Edmundo González Urrutia (dereita)


Deixar un comentario