Unha semana para o sorteo da 3ª Federación no Pazo de Oca

Unha semana para o sorteo da 3ª Federación no Pazo de Oca

O vindeiro luns o Pazo de Oca acollerá o sorteo da Terceira RFEF, categoría na que xoga o Estradense. Este acto, que comezará ás 20.00h, levaráse a cabo grazas á colaboración do clube estradense e ao afán da Real Federación Galega de Fútbol, que busca ir “máis aló” nos seus actos.

O Pazo de Oca é un dos máis representativos de Galicia. Coñecido como o Versalles galego polos seus xardíns, pertence á Fundación Casa Ducal de Medinaceli e forma parte do Roteiro da Camelia.


Comentarios

Deixar un comentario