Preto das 18.30h un home que se atopaba pescando chamou ao 112 avisando da localización dun corpo aboiando no río Ulla en Arnois. Ata o lugar desprazábanse efectivos do 061, dos Bombeiros do Deza, de Emerxencias A Estrada, da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil da Estrada.
No momento no que chegaron, as súas labores centráronse en recuperar o corpo que, segundo trascendeu, correspondería ao dun home, veciño do concello, de 66 anos. O corpo non tiña signos aparentes de violencia.
Imaxe de portada: Edificio do 112 // Axega / 112


Deixar un comentario