Pese a que a tempada de alto risco de incendio forestal comezou, segundo a Xunta de Galicia, o 1 de xullo, o Concello da Estrada publicou este mércores as bases para a contratación do persoal para dúas brigadas forestais.
Estas brigadas, que atenderán os incendios forestais que se produzan no concello, estarán compostas, cada unha, por un xefe de brigada, un peón-condutor e tres peóns.
O prazo para presentar as solicitudes, segundo aparece recollido nas bases, será “á de cinco días, contados a partir do día seguinte da publicación do correspondente anuncio en dous diarios de gran difusión”.
Incendios próximos ao concello
As grandes cantidades de precipitacións dos últimos meses están propiciando que este ano non se estean producindo unha gran cantidade de incendios forestais, pero si que se rexistrou un próximo ao concello: o pasado domingo a parroquia cuntiense de Arcos de Furcos rexistraba un pequeno incendio con tres focos diferenciados que se conseguiu controlar con rapidez.
Lembre que se ve un incendio forestal pode dar aviso del a través do teléfono 085.
Pode consultar as bases de cada proceso selectivo a seguir:


Deixar un comentario