A Dirección Territorial de Pontevedra autoriza a instalación dun novo centro de transformación en Lamas

A Dirección Territorial de Pontevedra autoriza a instalación dun novo centro de transformación en Lamas

A Dirección Territorial de Pontevedra autorizou a instalación dun novo centro de transformación eléctrico en Sequeiros, na parroquia de Lamas, en substitución do actual. O proxecto consistiría na desmontaxe do actual, que ten unha potencia de 100kVa e instalar un novo, prefabricado, de 160kVa.

Tamén se instalará un tramo de 65 metros de media tensión subterráneo desde o novo centro de transformación ata unha celosía que se instalará no punto no que agora hai un apoio de formigón.

Existe un prazo dun mes para interpoñer recursos de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia.


Comentarios

Deixar un comentario