O Colectivo A Ulla Viva, que agrupa aos concellos da Estrada, Teo, Vedra e Boqueixón, pronunciouse sobre a visita da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, a unha a unha formación sobre pesca fluvial no concello de Boqueixón.
Critican que, con estas visitas, faga un “lavado de cara” á “ameaza” que supón o proxecto de Altri en Palas de Rei. Aseguran que “ten nas súas mans parar ese proxecto de macrocelulosa que tanto dano faría ao río Ulla” e, para comezar, pode denegar ” a captación de augas solicitada por Altri”.
Tildaron a visita de “hipócrita” e afirmaron que “descoñecemos se lles explicou ás crianzas ás que se dirixiu que esa actividade de pesca para a que agora se están formando quizais nuns anos non será posíbel facela no Ulla”.
Insistiron en que as verteduras da fábrica poden provocar “unha importante degradación do río” provocando que diminuia o número de especies nas augas do río e pedíronlle a conselleira que protexa o medioambiente.
Imaxe de portada: Visita de Ángeles Vázquez // Xunta de Galicia


Deixar un comentario