Moreira celebrará este venres a II Festa do Churrasco

Moreira celebrará este venres a II Festa do Churrasco

No marco das Festas de Santo Domingo, Moreira celebrará este venres a segunda edición da Festa do Churrasco. Comezará ás 22.00h e estará amenizada polo Cuarteto de Barbude e polas charangas BB+ e TNT.

O sábado ás 13.00h oficiaráse unha misa cantada polo Coro de San Pedro de Ancorados, á que seguirá a sesión vermú coa Banda Municipal da Estrada. Á noite, a verbena contará coa música de Treixadura, de Mekánica Rolling Band e de Festicultores Troupe.

O domingo a misa oficiaráse ás 13.30h e será cantada polo Coro de San Mamede de Piñeiro. Haberá un pasarrúas e a sesión vermú a cargo de Fanfarria Furruxa

Comentarios

Deixar un comentario