Nova edición da Festa do Escalo en Couso

Nova edición da Festa do Escalo en Couso

Esta fin de semana Couso acollerá a 46ª edición da Festa do Escalo. Este venres abriráse a cantina ás 21.30h.

Xa o sábado celebraráse a terceira edición do Rallymix de Carretas, que comezará despois das verificacións (18.00-19.00h). Ás 21.30h haberá unha degustación de porquiño á brasa e, despois, arrancará a verbena a cargo de Eva e Camilo.

O domingo, día propio da festa, ás 9.00h abriránse as inscricións para o concurso de pesca. A primeira manga comezará unha hora máis tarde e rematará ás 13.00h. A segunda arrancará ás 16.00 e finalizará ás 19.00h. Unha hora despois entregaránse os premios. Ademais, durante toda a xornada poderánse degustar escalos e pementos.

Comentarios

Deixar un comentario