O BNG queixouse do mal funcionamento das pantallas informativas colocadas no Concello e na Praza da Feira. No caso da primeira, informaron, atópase apagada e, no da segunda, “a única información que ten é a do sistema operativo que utiliza”.
Lembraron que esas pantallas, pertencentes ao sistema Smart Parking, custaron 161.000 euros e o sistema xa deu problemas anteriormente.
Por iso, pedíronlle explicacións ao alcalde “sobre o mal funcionamento deste sistema, supostamente intelixente” que “non só dá información cuestionable, cando non directamente errada, senón que dúas desas pantallas levan apagadas ou sen funcionar desde hai semanas, sen que até o momento o goberno municipal mirara de poñelas de novo en funcionamento”.
Ademais, pedíronlle a Gonzalo Louzao que sexa “máis dilixente á hora de solucionar os problemas dos veciños e veciñas” e que sexa “máis escrupuloso e eficiente no gasto do diñeiro de todos e todas, xa que non é a primeira vez que o PP dilapida cartos públicos en cacharrada” que remata sen uso.
Imaxe de portada: Pantalla da Feira // BNG da Estrada


Deixar un comentario