O Concello abre o proceso de selección de tres condutores de motobomba

O Concello abre o proceso de selección de tres condutores de motobomba

As brigadas comezarán a traballar antes de mediados de mes

O Concello da Estrada abriu o proceso de selección de tres condutores de motobomba un día máis tarde de abrilo para o resto das brigadas forestais. O prazo para postularse para o posto remata o vindeiro luns, tal e como aparece recollido nunha corrección das bases.

No Pleno do Concello celebrado este xoves, o actual mandatario, Gonzalo Louzao, foi cuestionado por Mar Blanco Casais, líder de Móvete, sobre o primeiro anuncio que houbo de que non habería motobomba nesta tempada de alto risco de incendios e pola tardanza á hora de abrir o proceso de contratación das brigadas, pois no caso de terse producido un incendio forestal a súa intervención sería necesaria.

Louzao respondeulle que ese anuncio fíxose porque había que realizar unha reparación nun dos elementos de seguridade do vehículo e “non queriamos sacar a contratación de persoal se non ía haber motobomba”. Agora, un día despois, xa se confirmou que si que haberá e que a brigada estará constituída antes do 15 de agosto.

Comentarios

Deixar un comentario