Este sábado arranca a Subida á Estrada

Este sábado arranca a Subida á Estrada

Este sábado comeza unha nova edición da Subida á Estrada. 72 pilotos intentarán vencer a proba. Tras as verificacións optativas levadas a cabo este venres, ás 7.30h comezarán as oficiais.

A partir das 13.15h presentaránse os pilotos no Concello e dirixiránse ao parque pre-saída, onde tamén serán presentados. Ás 15.00h comezarán os adestramentos e, ao rematar, correránse as dúas primeiras mangas da proba.

O domingo ás 8.00h presentaránse os pilotos no parque pechado, desde o que se dirixirán ata a saída. Ás 9.00h comezará a manga de adestramentos e, tras ela, as dúas mangas restantes de carreira. Regresarán á Estrada e celebraráse o podio.


Comentarios

Deixar un comentario