Abre o prazo para inscribirse nunha actividade de musicoterapia xerontolóxica

Abre o prazo para inscribirse nunha actividade de musicoterapia xerontolóxica

Este mércores abre o prazo para inscribirse nunha actividade de musicoterapia xerontolóxica. A primeira quenda comezará o 3 de setembro e rematará o 29 de outubro, por un custo de dez euros. A actividade, dunha hora de duración por sesión, levaráse a cabo os martes, coa posiblidade de elixir se quere comezala ás 16.00, ás 17.00 ou ás 18.00h.

Para poder participar é necesario estar empadroado no Concello da Estrada e ser maior de 60 anos e unha discapacidade igual ou superior ao 33%. As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais ou a través da Sede Electrónica antes do 19 de agosto.

Comentarios

Deixar un comentario