Acción Contra a Fame organizou para o venres 6 de setembro unha Escape Room urbana que se celebrará nas rúas da Estrada. Comezará ás 18.00h e poderán participar persoas de entre 18 e 35 anos. Haberá un máximo de 60 participantes, que se dividirán en grupos e que terán que resolver dez retos nos que descubrirán habilidades para resolver conflitos e situacións complicadas que moitas veces non somos conscientes de ter.
A inscrición pódese facer a través da ligazón que atoparán debaixo destas liñas ou chamando ao 986 677 740.

Deixar un comentario