Xa é oficial: o IES Número 1 deixará de chamarse así. Tal e como se publica no DOG deste luns, o novo nome será IES Avelina Valladares e será oficial desde este martes.
A finais do pasado curso escolar abrían unha enquisa entre as familias para decidir o novo nome e, coa elección do de Avelina Valladares, converteráse no primeiro centro educativo local que leve o nome dunha estradense.
Imaxe de portada: IES Avelina Valladares // O Xornal da Estrada

Deixar un comentario