Este xoves dúas persoas resultaron feridas nos seus respectivos accidentes. O primeiro producíase antes das 20.00h en Ouzande, cando un vehículo batía contra unha vivenda nos arredores da Igrexa parroquial mentras circulaba pola EP-7003. A condutora e única ocupante do vehículo resultou ferida. Ata alí desprazáronse Emerxencias A Estrada, a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros do Deza.
Pouco despois das 23.20h producíase outro accidente, neste caso en Toedo. Un choque frontolateral na intersección da PO-841 coa EP-7004 saldábase con outra persoa ferida, que tiña que ser trasladada ao hospital. Ata o punto do accidente acudiron efectivos de Emerxencias A Estrada, do 061, da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea e de Grúas Foxomotor.
Imaxe de portada: Vehículo sinistrado en Matalobos // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea.

Deixar un comentario