Partido en apoio aos rapaces con cancro

Partido en apoio aos rapaces con cancro

Este domingo o Campo de San Martiño de Callobre acollerá ás 18.00h un partido solidario entre o Vea e o Lalín. Antes do pitido inicial haberá actos coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG). O prezo da entrada e das rifas será á vontade de cada un dos asistentes, dado que vai ser doado a dita asociación.

Ademais, o Vea vai entregar unha camiseta e un balón que van ser sorteados nunha andaina que se vai celebrar no concello o domingo 15 de setembro.

Comentarios

Deixar un comentario