Xoán Reices sobre a suba do IBI: “rematamos cos veciños pagando os pratos rotos”

Xoán Reices sobre a suba do IBI: “rematamos cos veciños pagando os pratos rotos”

Os recibos comezan a chegar ás casas

En outubro o goberno local anunciaba que o IBI ía subir un 25% este 2024 para poder facerlle fronte á situación na que se atopaban as arcas municipais. Agora xa están chegando os recibos que reflexan este incremento.

Coincidindo con este evento, Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada, manifestouse, afirmando que “esta subida débese básicamente á mala xestión, tanto do gobernó local, como das outras administracións, que tal como leva anos advertindo o BNG, remata na suba dos impostos, que o PP, curiosamente, sempre di baixar”. A isto, ademais, sumaríaselle o endebedamento.

Segundo o nacionalista, tras unha década de goberno popular no Concello e na Xunta, “rematamos cos veciños pagando os pratos rotos”, algo que para eles non é sorprendente por que “é o modus operandi do PP”.

Reices cre que a suba xa estaba prevista antes das municipais celebradas o ano pasado e que este sería o motivo polo que se retrasou o anuncio. Por iso, asegurou que “á mala xestión sumámoslle a mentira (ou cando menos a ocultación da verdade)”.

Engadiu que o do PP é “un goberno local que nos dicía que todo ía ben (e nolo segue a dicir) pero que non deixa de tomar medidas de urxencia, ante a súa incapacidade para solventar os problemas económicos, equilibrar gastos e ingresos, ou tan sequera de plantexar algunha solución”. Nesa “incapacidade” que mencionou, engadiu “a da Xunta e a do goberno estatal”.

Comentou que dentro do “modelo de xestión do PP” que, segundo el, non fixo sorpresiva a suba do IBI, inclúense as “ideas cosméticas, como os inservibles cartaces luminosos, as pantallas dixitais, etc”.


Comentarios

Deixar un comentario