Móvete sobre a suba do IBI: “é unha mostra máis da falta de sensibilidade que (o goberno local) ten coa vida das persoas”

Móvete sobre a suba do IBI: “é unha mostra máis da falta de sensibilidade que (o goberno local) ten coa vida das persoas”

Cos recibos do IBI chegando ás casas, Móvete volveuse a manifestar sobre a suba do imposto. Para eles, que a subida coincidira “nun momento de suba xeralizada dos prezos é unha mostra máis da falta de sensibilidade que [o goberno local] ten coa vida das persoas”. Afirman que o executivo terá que “aprender a xestionar e non seguir despilfarrando para despois saquear á veciñanza”.

Desde o partido aseguran que a suba foi “feita a mala fé, posto que se aprobou cos votos únicos do PP tras os comicios das eleccións municipais, sen ter anunciado nada durante a campaña electoral”, algo que, segundo eles, demostra a “manipulación e oscurantismo na xestión pública”. Para eles, o incremento da cantidade a pagar non vai supoñer “unha mellora nos servizos”.


Comentarios

Deixar un comentario