O pasado martes abriu, ata o mércores 4, o prazo para que os estudos de arquitectura presenten as súas propostas para reformar a Praza da Farola.
Dado que o espazo para os peóns vai aumentar, como mínimo nun 50%, o deseño final terá que integrar estratexias de calmado do tráfico, resolvendo a circulación Rúas Pérez Viondi, 56, San Paio, Peregrina, Travesía da Igrexa, Marqués de la Vega de Armijo e Don Nicolás. Ademais, deberá contar con paradas de taxi, zona de carga e descarga, puntos de recollida do lixo e dúas prazas de aparcadoiro adaptado.

Será obrigatorio manter na praza o icónico farol que lle outorga o nome popular, pero non se especifica unha ubicación concreta, e poderáse engadir arboredo, fontes e mobiliario urbano, entre outros elementos. O deseño final deberá integrarse coa zona que xa é peonil.
No momento no que peche o prazo para presentar as propostas, estas serán valoradas polo xurado. A opción gañadora terá dous meses e un presuposto de 30.000 euros para presentar o proxecto final.
Imaxe de portada: Praza da Farola // A.S. / O Xornal da Estrada


Deixar un comentario