Andaina solidaria cos rapaces con cancro na Estrada

Andaina solidaria cos rapaces con cancro na Estrada

Este domingo o Vea e o Lalín enfrontáronse nun partido solidario no que se recaudaron cartos para a Asociación de Axuda de Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG). Paula e Suso foron os encargados de facer o saque de honor e de presentar o cartel da andaina solidaria que se celebrará o domingo 15 de setembro.

A camiñata comezará ás 10.00h na Praza do Concello e terá un percorrido circular duns 5 quilómetros. Prevése que ás 11.15h os participantes cheguen ao Concello, para dar inicio aos sorteos e a unha actuación de Stradanza.

A inscrición custará, para os maiores de 12 anos, 5 euros, que será doados íntegramente a ASANOG. Pódese facer chamando ao 623 42 16 18 ou enviando un WhatsApp a ese mesmo número co nome e idade dos participantes antes do domingo 8 de setembro.

O pago dos cinco euros faráse de forma presencial desde as 9.00h do día da andaina. Ao facelo, cada participante recibirá unha camiseta. O encargado de dinamizar a xornada será Pablo Chichas.


Imaxe de portada: Saque de honor do partido benéfico // cedida

Comentarios

Deixar un comentario