Este venres ás 20.30h terá lugar na Zona dos Viños o espectáculo Cantigaéverso. Nel repasaránse os grandes clásicos da poesía musicada galega desde a década dos 60.
A música e as explicacións que se ofrecerán correrán a cargo de Francisco Castro, escritor, editor e músico; e de Federico Welicki, músico e produtor. Durante o concerto-recital interpretaránse ao redor de 15 poemas musicados cos que os asistentes realizarán unha viaxe pola poesía clásica e pola música máis popular de Galicia.


Deixar un comentario