Convocan axudas para fomentar o emprego feminino

Convocan axudas para fomentar o emprego feminino

O DOG deste martes recolleu a convocatoria de axudas para o fomento do emprendemento feminino a través do programa EMEGA. Existen catro liñas de axuda, todas para facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Coa Liña Emprende fomentaráse a creación de iniciativas e de emprego feminino, coa Liña Activa promocionaráse a reactivación, a consolidación das empresas constituídas por mulleres e a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade e, coa Liña ITEF, incentivar a implantación de iniciativas innovadoras que creen emprego feminino estable. Ademais, existe unha axuda complementaria, a Liña Concilia, destinada á promoción da conciliación laboral, persoal e familiar.

A cuantía mínima da axuda é de 10.000 euros, coa posibilidade de incrementarse en función das circunstancias da promotora, e poderíase contar cun incentivo de 3000 euros para as mulleres con fillos menores de 3 anos. A actividade tivo que comezar despois do 3 de agosto de 2023 e o prazo para presentar as solicitudes rematará dentro dun mes.

Comentarios

Deixar un comentario