Este mércores comezará a Romaría da Virxe dos Milagres de Requián

Este mércores comezará a Romaría da Virxe dos Milagres de Requián

A Romaría da Virxe dos Milagres de Requián celebraráse este mércores e o xoves. O mércores haberá misas desde as 8.00h, sendo a das 11.00h en galego, a das 13.00h solemne e as das 19.00, 20.00 e 21.00h, rezadas. A Banda de Música Cultural da Estrada amenizará a xornada e, entre as 16.30 e as 18.30h, actuará Cantos da Terra. A verbena, que comezará ás 21.30h, será a cargo de Tania Veiras e JB Son.

O xoves oficiaráse unha misa solemne ás 13.00h, á que seguirá unha procesión e a sesión vermú amenizada polo grupo M3. Á noite, a verbena correrá a cargo de M3 e de La Ola ADN.

Comentarios

Deixar un comentario