Este venres e sábado Santeles estará de festa. O primeiro día homenaxearáse á Señora do Carme e, o segundo, a Santa Bárbara.
O venres ás 10.00h oficiaráse unha misa rezada e, ás 13.00h, unha misa solemne cantada pola Coral Parroquial de Santa Cristina de Vea, á que seguirá a procesión e a sesión vermú musicada pola charanga Os Jalacticos. A verbena comezará ás 23.00h e correrá a cargo de Olympus, América S.L. e Sergio Telmo.
O sábado haberá unha misa rezada ás 10.00h e outra solemne cantada pola Coral de Paradela ás 13.00h. A procesión e a sesión vermú contarán coa música da Banda Municipal da Estrada e, pola noite, a verbena estará amenizada polos dúos Punto Zero e Ángel América.

Deixar un comentario