Venres de folk en San Xurxo de Vea

Venres de folk en San Xurxo de Vea

Este venres San Xurxo de Vea acollerá a XI edición da Noite Folk. Ás 21.00h comezará o obradoiro de baile a cargo de Marcos Botana e, despois, poderáse demostrar o aprendido na gran foliada que haberá. Actuarán A Requinta de Lampai, Alvariza, A Banda das Crechas e Silva Redonda, para rematar cunha foliada aberta. Contaráse con polbeiro e zona de acampada.

Comentarios

Deixar un comentario