Esta fin de semana o lugar da Grela, en Codeseda, honrará á Virxe de Guadalupe. Os actos comezarán o sábado ás 18.00h coa Procesión dos Santos de Codeseda, que estará acompañada pola Banda de Gaitas de Forcarei. Media hora máis tarde sairán a Virxe de Guadalupe, a Virxe de Lourdes (Cereixo), San Xoán (Liripio) e San Ramón. Ás 19.00h atoparánse todos os santos na Cruz da Grela, faráse unha ofrenda aos defuntos e regresaráse á Grela para que ás 20.00h dea inicio a misa cantada.
Ás 21.00h actuará a Banda de Gaitas de Forcarei e, ás 21.30h, haberá unha cea. A verbena comezará ás 22.30h e correrá ao cargo de trío Soprano e da disco móvil Poison.
O domingo oficiaráse unha misa ás 12.00h e outra solemne unha hora máis tarde. A procesión estará acompañada pola Banda de Gaitas de Barbude, que despois dará un concerto. Desde as 17.00h actuará a charanga Os Encerellados e haberá unha festa infantil.

Deixar un comentario