Esta fin de semana San Xurxo de Vea honrará ás virxes do Carme e das Dores. Como precedente, este venres celebraráse a XI Noite Folk.
O sábado oficiaráse unha misa solemne ás 13.00h, que será cantada polo Coro Santa Cristina de Vea. Tras ela, o Grupo de Gaitas Os Pereiriños amenizarán a sesión vermú e, á noite, a verbena correrá a cargo de Encerellados e do dúo Nueva Era.
O domingo oficiaráse unha misa cantada ás 13.00h, á que seguirá a sesión vermú a cargo da Banda de Música Municipal da Estrada.

Deixar un comentario