Belen López, concelleira do PSOE da Estrada, propuxo que a piscina municipal e a praia fluvial de Liñares permanezan abertas ata o 10 de setembro, o día anterior ao inicio das clases.
Esta proposta xustifícao co meteorolóxico, pois “a primeira parte do verán non foi a mellor para gozar destas instalacións municipais e agora que estamos a ter bo tempo, non ten sentido pechalas”.
Ademais, engade que, pese a que se recortou o tempo de apertura polas obras que se pretende levar a cabo, “esa obra nin sequera está cargada na plataforma de contratación” e cre que este é “unha mostra máis de que este goberno experimental está causándonos problemas a todos os veciños e veciñas”.
Imaxe de portada: Piscina municipal // O Xornal da Estrada

Deixar un comentario