Louzao acusa ao BNG de “facer oposición barata”
O baño na praia fluvial quedou prohibido despois de que se rexistraran niveis de Enterococos intestinais superiores aos recomendados para a saúde humana pero, segundo confirmou o alcalde Gonzalo Louzao nunha rolda de prensa, nunha nova analítica a auga xa é apta para o baño.
O mandatario responsabilizou “a alguén que cometeu unha infracción: que realizou un lavado, un vertido…” e comentou que posiblemente fora unha vertedura de purín. Louzao informou de que se colocaron carteis que recomendaban non bañarse.
En referencia ao BNG, que se mostrou moi duro co goberno local acusándoo de xogar coa saúde dos cidadáns, afirmou que a oposición “moitas veces fai oposición barata e quería botarnos o morto ao goberno”.
Aberta en setembro
Tamén confirmou que a praia permanecerá aberta durante o mes de setembro, sen servizo de socorrista. Ademais, para realizar eventos será necesario rexistrarse.

Deixar un comentario