Este venres rematou o XV Campus Deportivo de Verán, que o alcalde Gonzalo Louzao cualificou de exitoso tras pasar por el máis de 700 rapaces e rapazas. Na primeira quincena de xullo participaron 260 rapaces; na segunda, 250; na primeira de agosto, 126; e na segunda de agosto, 100.
O mandatario destacou o elemento de “desfrute” que permite, con visitas á praia fluvial, ás instalacións deportivas e ao parque acuático de Cerceda e enfatizou que permite conciliar nas vacacións máis longas do ano.
Volta ao cole
Avanzou que tamén comezan as labores de “posta a punto” para o inicio das clases o vindeiro 11 de setembro con desbroces nos patios dos centros educativos e co pintado das paradas de autobús e dos pasos de peóns.
Imaxe de portada: Clausura do Campus de Verán // A Estrada Deporte


Deixar un comentario