Coa chegada de setembro chega o inicio do curso, tamén nas clases de música e baile tradicional.
No caso de Tequexetéldere ofertan clases de baile, pandeireta, gaita, acordeón e percusión. A matrícula está aberta ata o 23 de setembro e pódese facer a través da web tequexetéldere.gal ou do WhatsApp 660 136 787.
A Fervenza de Ouzande tamén ten abertas as inscricións para as súas clases de gaita, percusión, pandeireta, baile e canto. Pódese realizar a través do correo carreirosouzande@gmail.com ou contactando con eles a través do seu Facebook ou do seu Instagram.


Deixar un comentario