A AEMET activa dous avisos amarelos por chuvia para este venres

A AEMET activa dous avisos amarelos por chuvia para este venres

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou dous avisos amarelos por chuvia para este venres. Ambos comezarán ás 12.00h do mediodía e rematarán co final da xornada. O motivo que os levou a activar estes avisos son que nunha hora pódense acumular ata 15mm e, en 12, 40mm.

As chuvias comezarán de forma lixeira nas primeiras horas da mañá e irán gañando intensidade co paso das horas. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso e o vento soprará frouxo desde o suroeste.

Chuvias lixeiras

Segundo o citado organismo, nos vindeiros días teremos chuvascos lixeiros que se irán alternando cos claros e con temperaturas que sufrirán un lixeiro ascenso.

Comentarios

Deixar un comentario