Este luns abrirá o prazo para inscribirse na terceira quenda da actividade de piscina para persoas maiores, unha actividade na que poderán participar todas as persoas maiores de 50 anos empradoadas no concello e que comezará o 1 de outubro e rematará o 30 de decembro.
Haberá 6 grupos: 3 os luns con horario de 9.15h a 10.00h, de 16.30h a 17.15h ou de 19.30h a 20.15h; outro os mércores de 9.15h a 10.00h e outros dous de 9.00h a 9.45h ou de 9.45h a 10.30h. Cada grupo terá un mínimo de 7 alumnos e un máximo de 12.
No proceso de selección terán prioridade aqueles que non participaron nas quendas anteriores e, despois, os que entreguen primeiro a inscrición. O prazo para facelo rematará o mércores 18 e poderáse facer no Departamento de Servizos Sociais ou a través da Sede Electrónica.
A solicitude pode atoparse na web do Concello da Estrada.


Deixar un comentario