O domingo comezarán as Festas na honra da Virxe Nosa Señora da Consolación e do San Roque en Tabeirós. Ese día ás 12.30h oficiaráse unha misa cantada polo Coro Parroquial. Despois, haberá unha sesión vermú amenizada pola Banda Municipal da Estrada. Á noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Furia Joven e do dúo Punto Zero.
O luns oficiaráse unha misa cantada polo Coro Parroquial ás 13.00h, á que seguirá a sesión vermú coa charanga Tíralle do Aire.


Deixar un comentario