Ouzande celebra un Socorro sen rock pero con verbena

Ouzande celebra un Socorro sen rock pero con verbena

Ouzande celebrará esta fin de semana as súas Festas na honra das Virxes do Carme e do Socorro. Arrancarán o sábado ás 13.30h cunha misa solemne, á que seguirá a sesión vermú a cargo dunha agrupación da parroquia: Retrouso. Pola noite, en substitución do Ouzande Rock celebrados nos dous anos anteriores, haberá unha verbena amenizada por Xtremo e pola disco móvil Disketoka. Ademais, haberá polbeira.

O domingo oficiaráse unha misa solemne ás 13.00h. Tras ela, celebraráse a tradicional poxa e a Asociación Cultural Escola de Música Tradicional de Barbude amenizará a sesión vermú.

Comentarios

Deixar un comentario