Unha muller resulta ferida tras rebentarlle a roda do coche mentras conducía

Unha muller resulta ferida tras rebentarlle a roda do coche mentras conducía

Pasadas as 16.15h deste venres, unha muller resultou ferida tras saírse da vía co coche que conducía, ao estourarlle a roda dianteira deste. O suceso tivo lugar na PO-841 en Toedo e a ferida tivo que ser trasladada ao PAC da Estrada.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias A Estrada, Tráfico de Lalín e da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea.


Imaxe de portada: Vehículo accidentado // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea

Comentarios

Deixar un comentario