Hai xusto un ano falabamos de que os rapaces comezaban as clases. Este 11 de setembro, tamén. Despois dun verán de praia, festas e piscina, chega a hora de abrir os libros de textos e os cadernos.
A última clase deste ano terána o 20 de decembro e, a primeira do 2025, o 8 de xaneiro. O 3, 4 e 5 de marzo estarán de vacacións polo Entroido e, do 12 ao 21 (ambos inclusive), pola Semana Santa. O último día de clase será o 20 de xuño.
Como cada ano, este 11 de setembro comezaron moitos rapaces as súas clases, moitos máis estreáronse nun novo curso, que para algúns será o último, e outros xa non terán que volver as clases. En 9 meses poderemos falar de que volven a praia, as festas e a piscina para, tres meses despois, repetir este ciclo co que abre este artigo.
Imaxe de portada: Rapaces a piques de entrar ás clases // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario