Ribela, o repetidor que non chega

Ribela, o repetidor que non chega

Imaxinan que necesitan chamar a unha ambulancia pero, estando nun núcleo de poboación, non teñen cobertura? Pois esta é a situación da que teñen medo os veciños de Ribela, onde se atopan cun continuo problema neste servizo básico, máis aínda no mundo actual que vive de estar conectado 24/7.

Se antes conseguían ter cobertura nunha segunda planta, agora nin eso, lamentan. E se poden chamar, nada lles garantiza recibir as chamadas dos demais, incluídas a dos médicos.

E que pasa se queren teletraballar? Téñeno complicado, pois cústalles enviar e recibir mensaxes e a conexión a internet é mellorable. Mentras, seguen agardando para que se faga realidade unha promesa de instalar un repetidor que lle fixo hai un ano unha empresa. Unha promesa que continúa sen facerse realidade.

Comentarios

Deixar un comentario