A camiñata da ASANOG reabrirá a inscrición unha hora antes do seu inicio

A camiñata da ASANOG reabrirá a inscrición unha hora antes do seu inicio

Este domingo A Estrada acollerá unha camiñata solidaria na que o recaudado será doado á Asociación de Axuda de Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG). A partir das 9.00h os xa inscritos poderán recoller as súas camisetas e, os que non se anotaron, poderáno facer nese momento.

A camiñata sairá ás 10.00h desde a Praza do Concello e os asistentes percorrerán 5 quilómetros. Chegarán sobre as 11.00h e, un cuarto de hora despois, comezarán os sorteos e a actuación de Stradanza. Ademais, este acto contará con Pablo García Chichas para dinamizalo.

Comentarios

Deixar un comentario