Desde este venres ata o domingo Loimil honrará á Virxe da Saleta. Este venres, a novena será ás 20.30h, á que seguirá unha procesión desde a Igrexa ata a Capela, que estará acompañada pola Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira. No medio desta tiraránse fogos de artificio. Ademais, haberá unha churrascada popular acompañada polo dúo Oro Negro.
O sábado oficiaránse misas ás 11.00h e ás 13.00h e a sesión vermú e a verbena correrán a cargo das bandas Municipal da Estrada e Recreativa e Cultural de Bandeira.
O domingo oficiaráse unha misa ás 13.00h e, tras ela, subiráse a Virxe á Igrexa da parroquia.


Deixar un comentario